Unha igrexa para un novo barrio. Igrexa da Milagrosa
"Porque esta es la zona del ensanche, por donde Lugo se expande sin trabas, extraviándose por la llamada, más allá de la modernista iglesia de la Milagrosa, aún inacabada. Y ¿esta iglesia no encaja perfectamente en la sinfonía ciudadana? En su desnuda nave suenan a una las palabras sabias y viejas del predicador y el martillo incesante de la mano de obra. A una, y con igual alegre, gozoso alborozo repican las campanas eléctricas y los escopios de los canteros"
SEGÁN, H “Nuestro Lugo en las rutas turísticas V”. El Progreso 10 de junio de 1955
Desta maneira se recollía en 1955 a expansión da cidade de Lugo cara o Norte onde tiña e ten unha posición fundamental a igrexa parroquial da Milagrosa. Comezada en 1946 co fin de acoller a población das novas barriadas ao norte da cidade e promovida polo sacerdote D. José Fernández Núñez, párroco de San Froilán verdadeiro impulsor e promotor da nova igrexa. Con esta actividade de visitas comentadas o día 21 de novembro ás 17:00h e 20:30h lembramos o sono do promotor dunha nova igrexa ao tempo que visitamos o edificio reparando nas pegadas da súa construción e a historia dos bens que alberga.
Convidamos a tódolos que así lo o desexen a participar desta acitividade na igrexa parroquial da Milagrosa de Lugo.
Address
Igrexa da Milagrosa, Praza da Milagrosa s/n , 27004 , Espagne