RECUPERAR ONDE VIVIMOS , REIMAXINAR ONDE VIVIREMOS

Rúa Antón Fráguas Fráguas, Casco Vello, 27001 , Espagne
Show on the map
01 Janvier 2021
Contact
comunidadermpl
Tel.:
Aperçu

Esta actividade está aberta á participación de todos os colectivos e nela traballaremos ao redor de tres datas que marcan o “ ronsel”, a pegada, o rastro que estamos a debuxar: o pasado, representado no nacemento da Rede Museística en 2006, o presente co 18 de maio, Día Internacional dos Museos, como punto de partida  e o futuro coa vista posta na consecución dos Obxectivos da Axenda 2030.

Así, desde o 18 de maio ata o 18 de decembro, Día Internacional das Migracións,  recolleremos imaxes  do pasado relacionadas cos lugares que habitamos: prazas, edificios, tendas, paisaxes polos que discorría a cotiandade que queremos recuperar.

Debemos ter presente que hai moito futuro no pasado, que só coñecendo o pasado entenderemos o noso presente e afrontaremos mellor o noso futuro.

Ademais, para completar a actividade, as persoas participantes deberán responder con imaxinación a como pensan que serán e como viviremos estes espazos cando chegue ese ano 2030.

O formato é libre, podendo ser achegas multimedia, textos, composicións, colaxes, etc...

Address
Rúa Antón Fráguas Fráguas, Casco Vello, 27001 , Espagne

43.011668878972, -7.5588700175285

Enter an address like "Chicago, IL".